Comezan os Camiños e Románico en Chantada
Este 24 de xuño comezan os Camiños e Románico no Concello de Chantada, as rutas do románico deste verán 2022.
Os Camiños e Románico no Concello de Chantada comezan este 24 de xuño e rematarán no mes de setembro.
Para empezar, este 24 de xuño, ás 16.30 horas, realizarase a Ruta do Románico da ribeira. O punto de reunión será a Avenida de Monforte, que fica preto do CEIP Eloísa Rivadulla. As visitas que se realizarán serán ás igrexas de Santa María de Pesqueiras, Santa María de Nogueira e San Salvador de Asma. Tales encontros están programados ata o 16 de setembro.
Xa no mes de xullo, iniciarase tamén a Ruta do Románico do Faro e a Ruta dos Camiños do Monte do Faro.
A Ruta do Románico do Faro arrancará ás 10.30 da mañá 0 13 e 27 de xullo, amais tamén continuará o 10, 24 e 31 de agosto. O punto de encontro será tamén na Avenida de Monforte e dende aló dirixiranse ata Santa María de Bermún, Santiago de Requeixo, Monte do Faro e San Miguel do Monte.
Por outra beira, a Ruta dos Camiños do Monte do Faro acontecerá a partir das 10.00 da mañá os mércores 6 e 20 de xullo. Ademais, proseguirán o 13 e 17 de agosto así como o 7 de setembro. Desde Chantada viaxarán en microbus ata Santiago de Requeixo onde visitarán a igrexa románica, iniciando o seu camiño pola ladeira do Monte do Faro ata San Cristovo de Mouricios.
O prezo a pagar é de 5 euros por persoa, sendo de balde para veciñas e veciños empadroados no Concello de Chantada e para os menores de 18 anos. Así mesmo, a reserva previa obrigatoria farase chamando ao 646 533 229.