Comezan en Chantada os cursos de natación infantil de verán

O Concello de Chantada pon en marcha este luns os cursos de natación infantil de verán, dirixidos a nenos e nenas de entre 18 meses e 8 anos, que se desenvolverán ata o 15 de agosto nas instalación da piscina climatizada municipal.
Os cursos organizaranse en tres grupos de idade e desenvolveranse en tres días á semana: os luns para nenos de 18 a 36 meses, os mércores para os pequenos de 3 a 4 anos, e os venres para nenos de 5 a 8 anos. Todas as actividades terán lugar ás 11:00 horas.
As inscricións poden facerse directamente nas instalacións da piscina climatizada ata o vindeiro18 de xullo.