Comezan as últimas obras do Xeocamping de Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
Empiezan las últimas obras para finalizar el Xeocamping de Ribas de Sil. Estos trabajos están enmarcados en el Plan Urbe de la Xunta.
xeocamping ribas sil 3
14 Apr 2022

Dan comezo as últimas actuacións que permitirán dar por finalizadas as instalacións do Xeocamping de Ribas de Sil. Estras obras enmárcanse no plan hurbe da Xunta de Galicia.

Desta forma, iniciaron os últimos traballos que consisten na construción dos viais interiores en zahorra con bordillo de tacos de lousa, aporte de terra vexetal e instalación de regadío automático nas zonas verdes, iluminación, sinalización, área de servizos para autocaravanas, aparcadoiro de vehículos, delimitacion de parcelas de acampada, mobiliario urbano, miniparque infantil etc...

Para levalas a cabo foi necesario unha última inversión de 90.000 euros financiados nun 70% pola Xunta de Galicia e un 30% con cargo a fondos propios do concello. O prazo para finalizar as obras será de dous meses. Cando rematen as obras, as instalacións serán legalizadas en Turismo (xa existe informe previo favorable).

Posteriormente o concello sacará a concurso a concesión administrativa para a explotación do Xeocamping de Ribas de Sil onde tamén quedará unha explanada libre de case que 2000 metros cadrados para futuras ampliacións.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18863201141357