Comezan as obras de seguridade vial do tramo urbano da LU-611, en Taboada
RibeiraSacraXa
Dende a Área de Urbanismo comeza o plan de seguridade vial que se seguirá nos vindeiros meses
6 Xuño 2024
Tras unha reunión mantida entre o encargado da Rede de estradas de Galicia na Provincia de Lugo e o tenente de alcalde de Taboada, José Portela, o representante local trasladoulle a necesidade de construír un paso elevado entre a residencia o Meu Fogar e a beirarrúa de enfronte, outro xunto a Praza de Riazón e o arranxo dalgunhas zonas co firme deteriorado.
Desta maneira, dende a Área de Urbanismo comeza o plan de seguridade vial que nos próximos meses se seguirá na Avda. de Lugo co arranxo do firma e reductores de velocidade polo centro da vila.
Por iso, comezaron as obras de seguridade vial do tramo urbano da LU-611, en Taboada.