Comezan as obras de renovación da cuberta da Casa da Cultura de Bóveda

RibeiraSacraXa
Os traballos contan cun investimento de 51.272 euros e teñen previsto rematar nas vindeiras semanas
obras-casa-da-cultura-boveda
18 Nov 2025

O Concello de Bóveda vén de comezar os traballos de renovación da cuberta da Casa da Cultura, unha intervención destinada a mellorar o estado das instalacións e garantir o seu correcto uso. A obra conta cun investimento de 51.272 euros e está previsto que remate nas próximas semanas.

Esta actuación faise posible grazas ao convenio de colaboración asinado hai uns meses entre o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. En virtude deste acordo, a Xunta achega o 100% do custo das obras. No documento estímase que se trata “das actuacións necesarias” para que o Concello poida continuar ofrecendo unha programación cultural ampla e de calidade para toda a veciñanza.

O alcalde lembra que o edificio, inaugurado a finais dos anos 90, presentaba goteiras desde había tempo, polo que a intervención é “prioritaria” ao tratarse dun dos espazos municipais máis utilizados. O Centro Sociocultural acolle, ademais das actividades culturais, talleres, cursos, a Biblioteca Pública Municipal e o Punto de Atención á Infancia.

“Os traballos na cuberta do edificio van permitir mellorar a calidade interior da edificación”, concluíu José Manuel Arias, que destaca a importancia da actuación para garantir o bo funcionamento dun servizo esencial para o municipio.

⚙ Configurar cookies
0.074052095413208