Comezan as obras de rehabilitación da pasarela do parque dos Condes

RibeiraSacraXa
As actuacións consisten na reparación dos elementos danados da súa estrutura de madeira e no reforzo dos seus pontóns.
ponte parque dos condes monforte
24 Xuño 2021

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar o inicio das obras de reparación da pasarela peonil de madeira do parque dos Condes, actuación englobada dentro do programa de mellora planificadas para as infraestruturas da cidade.

O alcalde sinala que “decidimos acometer esta obra de reparación da pasarela do parque dos Condes, que ven de dar comezo no día de hoxe, debido ó estado de deterioro no que se atopaba e dado que se trata dunha pasarela moi transitada polos nosos cidadáns e visitantes. Deste xeito, a reforma suporá unha significativa mellora para os veciños e veciñas que disfrutan das instalacións e servizos do parque dos Condes.”

As actuacións de reparación da pasarela están sendo desenvoltas dende hoxe pola empresa Carpintería Pinto, cun orzamento de 6.805,22 euros e un prazo de execución de 1 mes, polo que durante o desenvolvemento dos traballos, a pasarela estará pechada para o tránsito dos viandantes.

En concreto, as obras de mellora consisten na reparación dos elementos danados da estrutura de madeira laminada portante da pasarela, e no reforzo dos seus pontóns, aportando novo material nos puntos onde é necesario.

Tamén se levará a cabo a substitución da totalidade do pavimento de madeira maciza, mediante a colocación dun novo pavimento en madeira maciza de pino silvestre, con tratamento para exteriores.

E finalmente, tamén se levará a cabo a reparación da varanda de madeira, coa aportación de novo material onde sexa necesario.

A totalidade da madeira a instalar rexerase pola norma EN35072, que marca as condicións de durabilidade e impregnabilidade da mesma, e que inclúe un tratamento en autoclave para exteriores en profundidade para clase de uso 4, de acordo coa norma UNE-EN 335-2.

pasarela parque dos condes monforte
0.19253396987915