Comezan as Festas Patronais de Monforte, que contarán cun punto morado para a protección das mulleres
O Concello de Monforte establecerá un Punto Violeta na cidade para previr e atender a posibles vítimas de agresión sexistas durante as Festas Patronais, que comezan hoxe e estenderanse ata o 16 de agosto. A Caravana Morada, de atención e concienciación contra as agresións sexistas, estará no Parque de los Condes ao lado da Pérgola e do BBVA, e atendida por un equipo técnico especializado en previr e orientar na loita contra a violencia de xénero.
O horario da Caravana Morada será, de maneira ininterrompida, de 23.00 a 5.00 horas da madrugada, horas durante as cales as persoas interesadas poderán ser informadas e asesoradas, así como se fará visible o rexeitamento comunitario do acoso e agresións de xénero a través de profesionais especializados en psicoloxía contra a violencia de xénero, criminoloxía e técnicos de igualdade ofrecen este servizo itinerante que nace en para chegar a todos os concellos, mulleres e público en xeral.
Este punto morado ten un dobre compoñente: por unha banda, concienciar e visibilizar o compromiso social e o rexeitamento comunitario das violencias informando sobre os recursos dispoñibles contra a violencia de xénero ó público en xeral e por outro, a caravana morada presta o servizo de atención directa a mulleres dentro das festas en coordinación coas forzas de seguridade atendendo ás mulleres que así o demanden.
Persoal e actuacións
O persoal técnico da Caravana Morada está formado por dúas técnicas, unha psicóloga especializada en xénero e criminoloxía e unha traballadora social axente de igualdade. Ambas asisten e asesoran na caravana morada ás mulleres que así o necesiten e informan sobre os recursos dispoñibles a nivel local, comarcal, autonómico e nacional.
Esta medida vai acompañada por unha campaña de publicidade que complementa esta iniciativa, leva por lema #SEXOconSENSO e inclúe carteleiras con varios consellos para previr a violencia sexual que se repartiron polos establecementos hostaleiros e locais comerciais xunto cos carteis das festas, así como material diversos de sensibilización (pulseiras, tarxetas, dípticos etc.).
Estas actuacións están financiadas con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género, no desenvolvemento de competencias reservadas ás Entidades Locais no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o exercicio 2023.