Comezan as Escolas Deportivas de Quiroga para nenos e nenas de entre 6 e 13 anos

RibeiraSacraXa
Nesta tempada, os nenos e nenas que queiran probar contan coa a posibilidade de facelo gratuitamente as primeiras dúas semanas
escolas-deportivas-Quiroga-2024
3 Out 2024

Os máis de 80 participantes das Escolas Deportivas de Quiroga comezaron unha nova andaina que novamente contan coas modalidades de fútbol sala e voleibol para nenos e nenas de 6 a 13 anos.

Os primeiros en comezar cos seus adestamentos eran os nenos e nenas de fútbol sala nas categorías prebenxamín e benxamín. E tamén comezou a modalidade de voleibol para as categorías benxamín e alevín (nados entre o 2013 e o 2018), que terán os seus adestramentos os martes e os xoves a partir das 16.30 horas.

Os demais grupos de fútbol sala tamén deron comezo ás súas actividades. Concretamente, os alevíns (nados no 2013 e 2014) adestran todos os martes e xoves a partir das 17.30 horas. Na categoría infantil e cadete (nados entre o 2009 e o 2012), os adestramentos serán os martes e os xoves ás s18.30 horas.

Nesta tempada, os nenos e nenas que queiran probar contan coa a posibilidade de facelo gratuitamente as primeiras dúas semanas, pero sendo necesario formalizar igualmente a inscrición.

Este ano, por primeira vez, no folleto de inscrición, inclúese a opción de marcar a posibilidade de xogar competición federada a maiores da liga escolar na que participan sempre as Escolas Deportivas de Quiroga. A decisión en cada categoría de federarse dependerá da resposta da maioría dos inscritos.

0.18444800376892