Comezan as escolas deportivas de Chantada este outubro
O mércores 13 de outubro comezan un ano máis as Escolas Deportivas Municipais de Chantada. Así pois, dende o Concello informan que se ofertan deportes para as diferentes idades e grupos: para rapaces, para adultos, para xubilados e deportes adaptados.
No primeiro grupo, poderase escoller entre 18 actividades diferentes para rapazas e rapaces entre as que se atopan: fútbol sala, fútbol, xadrez, bádminton, tenis de mesa, multideporte, patinaxe, baloncesto, ximnasia rítmica, escola de porteiros, psicomotricidade, atletismo, bailes de salón, pádel, patinaxe artística, tenis e natación.
Nos deportes para adultos a oferta de deportes é: fútbol sala, bádminton, sendeirismo, baloncesto 3x3, fútbol 11, tenis, ximnasia suave, xadrez, bailes de salón e educación física.
Finalmente, nos deportes para xubilados atópase a ximnasia suave, o bádminton, o sendeirismo e a ximnasia especial e, haberá unha actividade adaptada para Asdeme.
O comezo de actividades realizarase o vindeiro 13 de outubro. Así mesmo, para realizar as inscricións ou para máis información pódese visitar calquera oficina municipal e na oficina do pavillón municipal (luns de 19.30 horas a 20.30 horas e xoves de 20.30 a 21.30 horas) ou tamén chamando ao 616 53 33 39.
Dende a organización recordan que o 30 de novembro remata o prazo para inscribirse.