Comeza unha nova edición do Correlingua co concurso musical

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A máis movida, musical e divertida das festas en defensa do galego inicia a súa actividade de 2024 coa convocatoria do seu concurso máis importante: o Cantalingua.
DEPUTACION CORRELINGUA 1
11 Feb 2024

A máis movida, musical e divertida das festas en defensa do galego inicia a súa actividade de 2024 coa convocatoria do seu concurso máis importante: o Cantalingua. As bandas galegas poderán inscribirse nesta convocatoria que ten como premio unha remuneración de ata 1.300 euros por cada actuación nos centros escolares que participan do Correlingua. O prazo de presentación de cancións finaliza as 24:00 do 6 de marzo de 2024.

Cantalingua é unha das convocatorias musicais máis veterana das que se realizan en Galicia e polas que levan pasado as principais bandas e solistas do panorama musical galego dos últimos anos.

No concurso poden participar bandas e solistas en lingua galega de calquera estilo musical. As cancións deben ser orixinais, e cantadas integramente en galego. Para participar nas Festas do Correlingua é necesario participar no Cantalingua.

Os premios para esta edición de Cantalingua no Correlingua de 2024 serán as actuacións previstas nos centros, haberá tres premios para os tres primeiros clasificados cunhas remuneracións 600 euros brutos por actuación de solista, 800 euros brutos por grupo ata tres compoñente, 1100 euros brutos para grupos ata cinco compoñentes e 1300 para grupos de seis ou máis compoñentes. Os concertos serán celebrados polas mañás.

A canción deberá presentarse en formato MP3, xunto cunha presentación da banda ou solista e unha fotografía. Hai que indicar un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. Todos estes datos pódense enviar ao correo correlingua@gmail.com antes das 24H do 6 de marzo de 2024. Os grupos ou solistas tamén deberán presentar unha pequena presentación da banda completa ou solista, unha fotografía, e indicar os seguintes datos: enderezo fiscal, enderezo electrónico, teléfono e persoa de contacto, sitio web e link ás súas RRSS.

As cancións participantes serán publicadas na web de Correlingua, serán difundidas nas redes sociais e tamén se editará unha playlist de Spotify para que sexan coñecidas polo maior número posible de persoas. Os gañadores daranse a coñecer desde a web de Correlingua. Os concertos celebraranse no mes de maio de 2024 cunha duración aproximada de 30 minutos nos concertos compartidos e de 50 minutos cando a actuación sexa en solitario.

Consulta as bases neste enlace.

0.18733215332031