Comeza o mercado Petiscos de Nadal de Taboada

RibeiraSacraXa
Taboada acolle, un ano máis o Mercado de Nadal da Ribeira Sacra, baixo o nome de 'Petiscos de Nadal' organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada.
Petiscos de Nadal Taboada 2022
23 Dec 2023

Taboada acolle, un ano máis o Mercado de Nadal da Ribeira Sacra, baixo o nome de 'Petiscos de Nadal' organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada.

Todas as persoas interesadas poderán acudir e desfrutar dos produtos dos 17 postos de alimentación e artesanía, na súa maioría, de producións agroalimentarias e obradoiros da Ribeira Sacara, que se instalarán na Praza de Riazón de 11.00 a 19.00 horas.

Este mercado caracterízase pola calidade dos produtos locais e de proximidade que ofrece, elaborados artesanalmente con mimo, coidado e responsabildade ambiental.

Ademais, este mercado incluirá, tamén moita variedade de actividades culturais e lúdicas para todos os públicos nas que destacará a música, os obradoiros e máis sorpresas.

"A calidade artesanal, o compromiso coas tradicións locais, a conciencia sobre a sostibilidade, a posta en valor dun patrimonio culinario ben abundante, e por suposto, moita alegría" serán os ingredientes que poñen en valor os organizadores do mercado.

Petiscos de Nadal Taboada
0.20563197135925