Comeza o I Torneo de Fútbol Sala 'Inazuma Eleven' en Ferreira de Pantón
Comeza o I Torneo de fútbol sala Inazuma, que terá lugar no pabillón municipal de Ferreira de Pantón desde hoxe, 3 de xullo e ata o 6 deste mesmo mes.
Así, durante tres días, diversos equipos das categorías de benxamín, alevín, cadete, infantil, xuvenil e sénior, competirán por gañar este torneo de fútbol sala, o primeiro que ten lugar na honra da serie de manga oriental Inazuma Eleven.
Esta tarde, a partir das 16.00 horas, terá lugar o primeiro enfrontamento, que durará 45 minutos, polo que o seguinte partido será ás 16.45 e así ata ás 00.15 horas, cando se enfrontarán os últimos do día, na categoría sénior.
Con respecto ao martes, 4 de xullo, os partidos comezarán de novo ás 16.00 horas e, desta vez, rematarán ás 23.30 horas, tamén coa categoría sénior. E o mércores, comezarán á mesma hora, pero o último partido será ás 01.00 horas do xoves.