Comeza na Pobra do Brollón a XV edición do Concurso de Tapas da Guimaralia

RibeiraSacraXa
Nesta edición, que se estenderá ata o 5 de decembro, participan un total de 6 establecementos
Concurso de Tapas da Guimaralia
29 Nov 2024

A XV edición do Concurso de Tapas da Guimaralia arranca este venres, 29 de novembro, na Pobra do Brollón, con catro locais participan na propia Pobra do Brollón( Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e Bar Pirata), e outros dous fóra da capitalidade, (A Salanova en Salcedo e mais O Fogón en Cereixa).

As propostas que se ofrecen foron catadas previamente por dous profesionais da hostalería: o cociñeiro Diego Martínez e o sumiller Marcos Eiré. A cata está dirixida a garantir os estándares de calidade dos pinchos e asegurar o cumprimento das condicións.

A elección do primeiro, segundo e terceiro premio será, coma sempre, por votación popular. Cada votante debe elixir a súa tapa favorita nunha tarxeta de voto debidamente selada por todos os bares participantes. Os e as votantes entrarán nun sorteo dunha noite con circuíto termal no Hotel Iberik Augas Santas de Ferreira de Pantón.

As tapas do concurso teñen un prezo único de 1,50 euros. Pódense probar en horario de 12.00 a 14.00 e de 19.00 a 22.00 horas ata o vindeiro 5 de decembro.

 

0.16775608062744