Comeza esta fin de semana en Pantón o circuíto Comunidad Golf

LugoXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa
O torneo inaugural será esta fin de semana, 14 e 15 de maio, no campo de golf Augas Santas, en Ferreira de Pantón.
palos golf
13 May 2021

Comunidad Golf organiza un circuíto de golf a nivel estatal que se desenvolverá durante os meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro. Nun primeiro momento, as probas iban a levarse a cabo tan só en Galicia, sen embargo e, debido ao éxito da proposta, decidiuse ampliar por máis cidades.

O evento contará con probas clasificatorias ao longo de campos de todo o estado cunha final que recollerá aos seis mellores xogadores de cada proba. O torneo inaugural será esta fin de semana, 14 e 15 de maio, no campo de golf Augas Santas, en Ferreira de Pantón, Lugo. Haberá tamén sorteos e un catering no buraco 9 onde se respectarán as medidas sanitarias e a distancia entre os xogadores. Así mesmo, o gañador/a contará cun trofeo exclusivo así como o acceso directo á final do torneo. Ademais, repartiranse trofeos especiais como o drive máis longo e o mellor approach.

Así mesmo, o circuíto voltará ata catro veces máis aos campos de golf da provincia de Lugo. En primeiro lugar, nos días 16 e 17 de xullo o torneo xogarase no campo de golf de Lugo; o 23 e o 24 repetirá no campo de golf de Augas Santas onde se celebrará a edición especial de verán, en Pantón; o 7 e 8 de agosto caerá no clube Río Cabe, en Monforte de Lemos e, finalmente, 27, 28 e 29 de agosto no Pilar de Sarria onde se celebrará tamén a edición especial da Noite Meiga.

Así pois, haberá tamén probas en Andalucía, Asturias, Castela e León e polo resto de Galicia; logrando que os mellores xogadores de golf se xunten para disputar dito circuíto e conseguir chegar á final que se disputará en setembro.

Para calquera dúbida ou para máis información, pódese contactar coa organización a través do teléfono 982 29 28 00.

cartel circuito comunidad golf
0.16136193275452