Comeza en Quiroga unha nova edición do Campus de Volei Carolina Camino

RibeiraSacraXa
Unha vintena de nenos e nenas participan nesta cuarta edición, que terá como adestradora á propia Carolina Camino
campus-volei-carolina-camino-quiroga
IV Campus de Volei Carolina Camino
1 Jul 2025

Este luns deu inicio en Quiroga a sexta edición do Campus de Voleibol que leva o nome da xogadora local Carolina Camino. Organizado pola Área de Deportes do Concello, o campus está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos e conta con preto dunha vintena de participantes.

As sesións desenvólvense ata o venres 4 de xullo en horario de 10:00 a 13:30 horas. Ademais do voleibol, os participantes teñen a opción de acudir ás instalacións das piscinas municipais, onde os recollen os seus pais, nais ou titores.

Nos dous últimos días, Carolina Camino será a adestradora do campus, aportando a súa experiencia e coñecemento aos participantes.

⚙ Configurar cookies
0.1723940372467