Comeza a XLII Feira do Viño de Chantada

RibeiraSacraXa
Durante as xornadas deste sábado e domingo, a feira ofrecerá decenas de actividades para os asistentes, entre as que non faltarán a música e as catas de viño
feira-do-viño-chantada-2
Feira do Viño de Chantada
8 Mar 2025

A XLII Feira do Viño de Chantada comezou este venres, 7 de marzo, coa apertura dos postos das adegas ás 20:00 horas. Nesta edición, participarán un total de 15 adegas: Adega Lareu Sabatelivs, Adegas e Viñedos Vía Romana, Adega Amedo, Adega Condado de Sequeiras, Adega Albarduxe, Adega Cabo do Mundo, Adega Pilares de Belesar, Adega Instinto Romano, Adega Castrofiz, Adega Os Cipreses, Adega Alouviño, Adega Enonatur, Adega Calexotes, Adega Santa María de Nogueira e Adega Teijeiro Lemos

Durante as xornadas deste sábado e domingo, a feira ofrecerá decenas de actividades para os asistentes, entre as que non faltarán a música e as catas de viño.

Programa da Feira do Viño de Chantada de 2025

Sábado, 8 de marzo

  • 10.00 horas: Cata oficial da XLII Feira do Viño de Chantada no Auditorio Municipal.
  • 11.30 horas: Actuación de "Searas".
  • 12.00 horas: Lectura do manifesto polo Día Internacional da Muller na carpa principal.
  • 12.10 horas: Actuación da agrupación tradicional da Casa da Música.
  • 13.00 horas: Concerto da Banda de Música de Chantada.
  • 17.00 horas: Actuacións da charanga “Unión Phenosa”, “Festicultores Troupe” e "Searas".
  • De 17.30 a 19.00 horas: IX Cata Popular na carpa principal. Prezo: 5 euros.
  • 21.30 horas: Actuación da orquestra Trébol.
  • 00.30 horas: Actuación da orquestra Solara.

Domingo, 9 de marzo

  • 11.30 horas: Actuación dos gaiteiros “Os Barrios”.
  • 12.00 horas: Actuación da charanga “NBA”.
  • 12.30 horas: Actuación da Banda de Gaitas do Concello de Chantada.
  • 13.00 horas: Pregón da XLII Feira do Viño a cargo de D. José Luis Blanco Diéguez.
  • 13.30 horas: Entrega de premios da XLII Feira do Viño de Chantada no escenario da carpa principal.
  • 16.30 horas: Actuacións da charanga “NBA” e da charanga “Bicoia”.
  • 21.00 horas: Actuación da orquestra Compostela.
⚙ Configurar cookies
0.66868281364441