Comeza a Romaría do San Lucas 2024 en Chantada

RibeiraSacraXa
Con varias actuacións e actividades programadas, dende a organización din que se chove, non pasa nada, porque haberá carpa
San-Lucas-Chantada
17 Out 2024

Comeza a Romaría do San Lucas 2024 en Chantada, que se prolongará ata o sábado 19 incluído con moitas e diversas actividades.

Todo comezará esta noite de xoves, 17 de outubro, coa gran pancetada popular ás 21.30 horas e, despois, haberá verbena amenizada polo Dúo Estrellas.

Pola súa parte, o venres 18 haberá misas ás 10, 11 e 12.00 horas, seguida de procesión ás 13.00 horas e sesión vermú a cargo de Os Líncoras. Xa ás 16.00 horas haberá misa e pola tarde actuará o Dúo Os Trasnos. Pola noite, será a quenda da Orquestra Cinema.

Finalmente, o sábado 19 haberá misa ás 12.00 horas, seguida de procesión ás 13.00 horas e sesión vermú cuns gaiteiros. Despois da comida, haberá verbena amenizada polo grupo Mar D'Arousa para desfrutar da xornada.

Dende a organización din que se chove, non pasa nada, porque haberá carpa e que as misas serán no Castro de San Amaro, parroquia de San Xillao do Mato, en Chantada.

0.14279007911682