Comeza a renovación do alumeado nos barrios de San Clodio

Ribas de Sil comezou esta semana a instalación do novo alumeado en case 10 barrios de San Clodio que aínda non foran renovados. As obras, valoradas en algo máis de 23.000 euros, están financiadas íntegramente pola Deputación de Lugo.
En total substituíranse máis de sesenta puntos de luz nos barrios de Outeiro, Pombar, Bao, Rúa da Panadería, A Rotea, A Subestación, O Bao de Abaixo, Praza do Concello e a Ponte Vella.
A actuación busca mellorar a eficiencia enerxética e a seguridade nas rúas, ofrecendo un alumeado máis moderno e fiable para os veciños da zona.