A Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra trae múltiples actividades esta fin de semana

RibeiraSacraXa
Comeza a Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra, que trae múltiples actividades en diferentes concellos
Ruta do Viño da Ribeira Sacra
27 Maio 2023

O evento Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra contará con diferentes actividades nos concellos que forman parte da Ribeira Sacra e a participación de máis de 300 persoas.

As persoas interesadas en participar desta xornada, poderán desfrutar de tapas e viños pola Ribeira Sacra, que incluirá un guía e transporte cara aos distintos municipios da Ribeira Sacra. Tamén haberá obradoiros infantís para os máis pequenos que acompañen aos adultos a este evento.

Este mesmo día, terá lugar unha ruta de sendeirismo e viño pola senda PR-G180 da Ruta da Cubela, unha andaina de dez quilómetros para os máis atrevidos, e tamén está prevista unha actividade para somerxerse nos Canóns do Sil.

Por último, o domingo está prevista e organizada unha ruta polo románico de Sober, as igrexas, e Pantón, o mosteiro, sen custo para as persoas interesadas. Do mesmo xeito, outra proposta para este día é a de coñecer o río Miño da Ribeira Sacra a través dun paseo na lancha Quinta Sacra.

Estarán a disposición dos turistas os chamados Buses do Viño, que percorrerán as diferentes localidades para o desfrute deste evento.

0.19113993644714