Comeza a limpeza da lagoa do Parque dos Condes

RibeiraSacraXa
José Tomé, alcalde de Monforte, informou hoxe do comezo dos traballos de limpeza na lagoa do Parque dos Condes. 
José Tomé Roca
6 Xuño 2022

José Tomé, alcalde de Monforte, informou hoxe do comezo dos traballos de limpeza da lagoa do Parque dos Condes. 

 

José Tomé Roca, indica que “a chegada de visitantes, co inicio dos meses de verán e a ubicación privilexiada da Lagoa, no centro da cidade e integrada nun dos parques máis utilizados polos monfortinos e monfortinas, fai máis que necesaria a súa limpeza, algo que levamos a cabo ano a ano por estas datas”.

Os traballos, que deron comezo hoxe luns 6 de xuño, consistirán no baleirado da mesma e na retirada dos lodos que se acumulan ó longo de todo o ano na lagoa, para o cal se destina un orzamento de arredor de 5.000 euros.

 

Traballos de limpeza

O primeiro dos pasos para a limpeza da Lagoa do Parque dos Condes, consiste no baleirado da auga, baleirado que se levará a cabo utilizando unha máquina motobomba para extracción de líquidos.Posteriormente, procédese a extraer cunha máquina paleadora todo o lodo que se foi depositando no fondo da lagoa durante este inverno. 

Para desenvolver ditos traballos, empregase unha bomba cuxo aluguer ascende a 300 euros, mentres que o custe dos traballos da empresa contratada ascenden a aproximadamente 5.000 euros.

 “A lagoa é un dos espazos máis emblemáticos da nosa cidade. Co Parque dos Condes ó seu redor trátase dunha das zonas que atrae un maior número de visitantes e tamén é un dos lugares máis frecuentados polos veciños e veciñas para dar paseos”, destaca o alcalde. 

O mandatario municipal engade que “por iso, consideramos que a limpeza e o mantemento da lagoa é unha tarefa imprescindible para poder dar unha boa imaxe, para que os monfortinos e monfortinas disfruten da mesma, e que esta zona sexa unha das nosas mellores cartas de presentación”. 

Complementando os traballos de limpeza da lagoa, operarios municipais procederán tamén a  desbrozar o entorno da mesma, “todo isto para conseguir que esta zona da cidade presente unha imaxe o máis apropiada posible”, indica o mandatario local. 

0.13403606414795