Comeza a funcionar o Punto Limpo Móbil do Concello de Taboada

RibeiraSacraXa
A iniciativa contou cun orzamento de máis de 17.500 euros financiados a través dos fondos 'Next Generation' 
Presentación do novo Punto Limpo Móbil do Concello de Taboada
Presentación do novo Punto Limpo Móbil do Concello de Taboada
11 Dec 2024

O Concello de Taboada puxo a funcionar esta semana o Punto Limpo Móbil, unha iniciativa da da Área de Cultura, Deporte e Medio Rural que contou cunha subvención da Xunta de Galicia, a través da DX de Calidade Ambiental, procedente dos fondos 'Next Generation', que achegou o 90% do seu custo, que foi de 17.589,36 euros.

O obxectivo desta iniciativa, explican desde o Concello, é favorecer a clasificación de determinados residuos con características concretas, así como ampliar o servizo que dá o punto limpo existente e chegar á maior porcentaxe da veciñanza posible, tanto na vila como nas parroquias rurais.

Esta semana, o Punto Limpo Móbil estará situado Alameda, e a vindeira semana desprazarase á parroquia de Xián. A intención do Concello é que este punto limpo vaia percorrendo semanalmente todas as parroquias do concello.

Con esta iniciativa, desde a Área de Cultura, Deporte e Medio Rural explican que o que se busca é promover a reciclaxe e a redución dos residuos, así como ampliar a gama de servizos con que contan as nosas aldeas.

⚙ Configurar cookies
0.72379803657532