Comeza a Feira do Viño de Quiroga con moitas e diversas actividades

RibeiraSacraXa
Comeza a XLII Feira do Viño de Quiroga cunha ampla programación que se desenvolverá os días 30 e 31 de marzo desta fin de semana e que contará con Afra Blanco como pregoeira.
29 Mar 2024

Comeza a XLII Feira do Viño de Quiroga cunha ampla programación que se desenvolverá os días 30 e 31 de marzo desta fin de semana e que contará con Afra Blanco como pregoeira.

O sábado dous actos marcarán a xornada. Pola mañá, o certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, e pola tarde, o pregón, que nesta edición correrá a cargo da sindicalista Afra Blanco, que tamén escollerá aos gañadores do tradicional concurso de camisetas.

Unha homenaxe aos viticultores coa escenificación teatralizada De pura cepa a cargo de Queimán e Pousa e a música dos grupos tradicionais Cantos da terra, Érbedo e O Recanto; así como a disco móbil LB e a Charanga Fuego encargaranse de animar o recinto feiral durante o sábado e o domingo.

Pero o que non faltará nesta XLII Feira do Viño de Quiroga será o viño, tanto branco como tinto. E disto encargaranse as 14 adegas participante nesta edición: Alma das Donas, Algueira, Atrium Vitis, EDV Viticultores, Alvaredos –Hobbs, Lar de Ricobao, Ponte da Boga, Rectoral de Amandi, Casa de Outeiro, Val de Quiroga, Adega Gullufre, Pazo de la Cuesta e Adamare Wines. Ademais da adega invitada que este ano ven dende a DO Valdeorras: Alan de Val.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17621517181396