Comeza a Feira do Viño de Amandi de Sober coa inaguración a cargo da Adega Frieira

RibeiraSacraXa
Comeza a Feira do Viño de Amandi de Sober coa inaguración a cargo da Adega Frieira e rematará o vindeiro domingo
Feira do Viño de Amandi
31 Mar 2023

Hoxe comeza a Feira do Viño de Amandi de Sober, que se celebrará ata o 2 de abril, Domingo de Ramos.

Nesta actividade, os adegueiros de Amandi darán a probar o seu viño mencía e os visitantes terán a oportunidade de catalos xunto con outros produtos, tamén á venda, como queixos, pan, roscas e mel da Ribeira Sacra.

Comezará o venres 31 ás 20.00 horas coa inauguración a cargo da adega Frieira en lembranza de Ramón Fernández e despois o grupo tradicional de música e Festicultores Toupe amenizará a primeira noite.

O sábado, o grupo de música Rechouchíos de Taboada, a Banda de Música de Sober e a Charanga Louband terán o papel de animar aos visitantes durante o día de Feira, que tamén acollerá a actuación de Gin Tonic´s.

Xa o domingo, Xosé Antonio Touriñán será o encargado do pregón e a Charanga NBA, a Banda de Música de Sober, e a orquestra La Oca Band amenizarán o último día.

A festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, reúne cada ano a milleiros de persoas e pon de relevo a importancia da actividade vitivinícola na zona, así como o impulso e o prestixio dun viño que, segundo contan as lendas era levado á Roma dos césares e cultivábase desde os tempos en que se asentaron as ordes monásticas na Ribeira Sacra.

0.18485903739929