Comeza a Feira da Artesanía de Galicia en Sober

RibeiraSacraXa
Sober acolle a Festa da Artesanía de Galicia na Igrexa Santuario da Nosa Señora de Cadeiras entre as 11.
Cartel Artesanía de Galicia
19 Aug 2023

Sober acolle a Festa da Artesanía de Galicia na Igrexa Santuario da Nosa Señora de Cadeiras entre as 11.00 e as 21.00 horas nun evento organizado pola Xunta de Galicia.

Así, a partir das 11.00 horas comezarán os obradoiros abertos para toda a familia, que terán horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Estes serán tres, un de tecido colectivo, outro de iniciación ao torno cerámico e outro de técnicas de cestería.

Concretamente, o tecido colectivo consistirá na elaboración de varios tapices téxtiles nun gran bastidor cúbico da man de María José Martínez e José Antonio Carrera, de Peixesapop; mentres que o taller de iniciación ao torno cerámico consistirá na elaboración de pezas de barro mediante as técnicas de olería tradicional galega da man da Asociación Galega de Cerámica e outras Artesanías A Escola.

Pola súa parte, o obradoiro de técnicas de cestería formará aos participantes nas técnicas que O Carabel emprega para elaborar pezas tradicionais como as piteiras e os máis pequenos poderán reproducir pequenas imaxes como peixiños e outras formas con vimbio da man de Carlos Rubio de O Carabel Ecocestos.

Ademais dos obradoiros, ás 13.00 horas terá lugar unha sesión vermú coa actuación de De Vacas, que presentan Rebovina Divas Live.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.21245098114014