Comeza a 63ª asemblea xeral ordinaria da Rede de Xuderías de España en Monforte

RibeiraSacraXa
José Tomé Roca, como presidente da Red de Juderías de España, recibiu aos representantes das 14 cidades membros da Rede que viaxaron ata Monforte para participar na 63ª Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará hoxe no Parador de Turismo.
Red de Juderías Monforte
27 Oct 2023

José Tomé Roca, como presidente da Red de Juderías de España, recibiu aos representantes das 14 cidades membros da Rede que viaxaron ata Monforte para participar na 63ª Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará hoxe no Parador de Turismo.

As cidades participantes, ademais da anfitriona Monforte, son Barcelona, Calahorra, Córdoba, Estella:, Hervás, Jaén, Lorca, Lucena, Plasencia, Ribadavia, Sagunto, Segovia e Tui. Á xuntanza acuden alcaldes. alcaldesas. concelleiros e concelleiras, así como técnicos do eido do turismo.

Os participantes aproveitaron para visitar o Miradoiro do Duque, o embarcadoiro de Ponte do Sil, punto de saída dos Catamaráns da Deputación de Lugo, e o Museo do Viño da Ribeira Sacra.

Durante a xornada de hoxe, ademais da Asemblea oficial aproveitarán para facer diferentes visitas na cidade de Monforte.

0.1654040813446