Colectivo Vermut celebrará o II Mercadillo Solidario de Nadal no Club Fluvial de Monforte

RibeiraSacraXa
Terá lugar o sábado, 21 de decembro, e conta xa coa confirmación de máis de 30 postos
mercadillo-solidario-colectivo-verut-nadal-monforte
13 Dec 2024

A asociación cultural Colectivo Vermut orgaiza o II Mercadillo Solidario de Nadal no Club Fluvial de Monforte, un evento que terá lugar o sábado, 21 de decembro, en horario de 11.00 a 20.00 horas.

A iniciativa pretende recadar fondos para asociacións de carácter asistencial que ofrecen os seus servizos en Monforte, como Cruz Vermella, Auxilia, Ruliños, Cáritas, Afamon e Albores.  O prezo das entradas será dun euro por adulto, mentres que os menores de 16 anos poderán acceder gratis, e a cuota para os expositores será de 4 euros por posto participante.

Ademais, nesta edición, faranse dous bingos solidarios, un en formato tradicional e outro en formato de Bingo Musical. Os fondos recadados por ambos Bingos serán destinados a SOGAPS, (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), unha ONG que trata de dar visibilidade á causa do pobo Saharauí en Galicia e axuda na medida do posible ao seu pobo. Os regalos do bingo serán produtos ou servicios doados por negocios e empresas locais. 

O Mercadillo Solidario conta xa coa confirmación de máis de 30 postos de artesanía, tatuaxes, xoiería, venda de tartas, roupa de segunda man, entre outros. A maiores, este ano participan algúns dos autores da Asociación Galega de Escritores que amosarán a súa obra nun novo espazo de micro aberto no que ademáis poderán participar os asistentes.

A parte musical estará composta pola banda monfortina Dinosaurios, o artista e produtor Jaunx, e as responsables da Sesión Vermut serán Dj Midori Albanta Dj.

Os interesados na participación cun posto no mercadillo poden inscribirse ata o día 15 enviando un correo á dirección somoscolectivovermut@gmail.com.

En canto as actividades infantís, o mercado contará cun obradoiro de manualidades dirixido por  Deborah Nuñez de Trasnos Ocio Contacontos musical “A Apalpadora” da man da empresa Velaísca.

Tamén contará coa visita de Papa Noel, para o que que haberá que inscribirse antes do 19 de Decembro a través do formulario de inscrición online que pódese encontrar nas redes sociais de Colectivo Vermut e Club Fluvial Monforte. Todas as actividades infantís son de balde.

Horarios e espazos

Péregola

  • 11.30 a 12.30 horas. Micro aberto
  • 12.30 a 15.30 horas. Sesión Vermut: Dj Midori y Dj Albanta
  • 18.00  horas. Jaunx
  • 19.00 horas. Dinosaurios
  • 20.00 horas. Bingo musical

Bar

  • 11.00 a 13.00 horas. Visita de Papa Noel
  • 11.30 a 12.30 horas. Obradoiro de Manualidades (Trasnos)
  • 15.30 a17.30  horas. Bingo Tradicional
  • 18.00 horas. Contacontos Musical (Velaísca)
⚙ Configurar cookies
0.59194898605347