Coidados porta a porta chega a Taboada para ofrecer servizos sanitarios para maiores de 55 anos

RibeiraSacraXa
O programa Coidados porta a porta achégase ao Concello de Taboada os vindeiros días 17, 18 e 19 de outubro, traendo servizos asistenciais ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.
maiores saf
16 Out 2023

O programa Coidados porta a porta achégase ao Concello de Taboada os vindeiros días 17, 18 e 19 de outubro, traendo servizos asistenciais ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.

O servizo ofrece citas de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía. Ademais, tamén que haberá unha charla informativa sobre audioloxía no salón de actos da Casa de Cultura o martes día 17 de outubro ás 18.00 horas da tarde. Os interesados poden solicitar máis información e pedir cita previa a través dos números de teléfono do 622 748 283 ou 623 546 992.

Con esta iniciativa da Xunta de Galicia, que percorre distintos concellos da comunidade, a intención é que todas as persoas do rural que o precisen poidan gozar de servizos necesarios para mellorar a súa saúde sen ter que percorrer grandes quilómetros fóra do seu fogar.

coidados porta a portada taboada
0.095592975616455