Clausurado o obradoiro de emprego en Incio, Bóveda e A Pobra do Brollón

SarriaXa | RibeiraSacraXa
Clausurado o obradoiro de emprego compartido polos concellos do Incio, Bóveda e A Pobra do Brollón que formou a 20 persoas.
Clausura obradoiro O Incio
27 sep 2021

Clausurado o obradoiro de emprego compartido polos concellos do Incio, Bóveda e A Pobra do Brollón, que formou a 20 alumnos na especialidade de Actividades auxiliares de conservación e mellora de montes. No acto tamén estiveron os respectivos alcaldes, Héctor Corujo, José Manuel Arias e José Luis Maceda.

No acto, destacáronse as oportunidades laborais e de emprendemento que ofrecen os obradoiros en eidos con boas perspectivas no mercado de traballo, como é o caso do sector forestal. Salientou que os integrantes se benefician dun contrato laboral mentres participan na iniciativa, que combina ensinanzas teóricas e prácticas.

Os participantes levaron a cabo numerosas actuacións en sendas, camiños municipais, pistas forestais e zonas verdes dos tres municipios. Entre outras, no Incio traballaron na conservación e mellora da ruta do Ferro e as sendas á Casa de Papel e ao Foxo dos Lobos; na Pobra do Brollón fixeron mantemento nas sendas das minas dos Medos e da Veneira, na ruta da Castaña e do Mel e en diversas rutas BTT; e en Bóveda actuaron na parcela do colexio, no campo da festa da Ribeira e en pistas forestais de varias parroquias.

Así pois, tamén se explicou que a partir de outubro comezará nestes concellos un novo obradoiro que durará nove meses e ofrecerá oportunidades laborais a outras 20 persoas desempregadas. O investimento en ambos talleres ascende a 694.000 euros nos dous últimos anos.

0.17120385169983