Clausurado o obradoiro de emprego do Saviñao, Pantón e Sober

RibeiraSacraXa
Entregados no día de hoxe os diplomas aos 20 alumnos traballadores que se formaron nos últimos meses no obradoiro de emprego Ricra IV
aulas clases formacion educacion
23 sep 2021

Entregados no día de hoxe os diplomas aos 20 alumnos traballadores que se formaron nos últimos meses no obradoiro de emprego Ricra IV. No evento estiveron os alcaldes dos concellos promotores: Carlos Armesto, do Saviñao; José Luis Álvarez, de Pantón; e Luis Fernández Guitián, de Sober.

Así pois, explicouse que a partir de outubro estará en marcha a quinta edición desta iniciativa, impulsada polos mesmos concellos e financiada pola Consellería de Emprego e Igualdade, que destinou 694.000 euros nos dous últimos anos a mellorar os perfís profesionais de persoas desempregadas destes municipios a través de ambos obradoiros.

“Os participantes teñen acceso a un contrato de traballo e reciben unha formación axustada ás demandas do tecido produtivo”, dixo, quen incidiu en que “ao finalizar reciben un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado para acreditar esa capacitación”.

No caso do obradoiro que remata hoxe, impartiu dúas especialidades: montaxe e instalación de construcións de madeira, con oito alumnos, e repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, con doce participantes.

Así, púxose en valor as obras e servizos que fan os obradoiros nos concellos que os acollen. Neste caso instalaron en espazos públicos varandas, bancos, estantes, mesas e outro mobiliario de madeira; ademais de realizar traballos forestais e de carpintería na praza de España de Escairón e o campo da feira de Currelos (O Saviñao); no percorrido dos Chancís e no campo da romería de Cadeiras (Sober); e en distintos lugares de Pantón, como o campo da feira e diversas zonas de Galegos, Baliño e Ferreira..

0.092284202575684