Cine na rúa este mércores en Carballedo
RibeiraSacraXa
Proxectarase o film ¡Vaya vacaciones!, con Tony Acosta e Ernesto Sevilla
Cartel
24 Xul 2024
O salón de actos do Concello de Carballedo acolle hoxe, mércores, 24 de xullo, unha sesión de cine na rúa.
Así, proxectarase o film ¡Vaya vacaciones!, con Tony Acosta e Ernesto Sevilla.
A sesión terá lugar ás 20.00 horas e a entrada será libre e gratuita. Para inscribirse hai que chamar ao 982 466 201.