Cine da rúa: a película ‘Live is Life. La gran aventura’, hoxe ás 22.30 horas en Sober

RibeiraSacraXa
Cine na rúa, a película ‘Live is Life. La gran aventura’, hoxe ás 22.30 horas na praza do campo da feira, en Sober
Sober_cinenaRua_Cartel portada
29 Xul 2022

O Concello de Sober proxecta esta noite nunha pantalla xigante a través do ciclo ‘Cine da Rúa’ o último filme de Dani de la Torre, a película ‘Live is Life. La gran aventura’.

O pase terá lugar ás 22:30 horas na praza Campo da Feira de Sober con entrada de balde para quen queira asistir.

O rexedor, Luis Fernández Guitián, destaca a importancia deste evento por dous motivos. “Dun lado agradecerlle a Dani de la Torre que elixira Sober como un dos escenarios da súa nova película. E en segundo lugar, poder achegar este filme a todos os veciños e veciñas de xeito totalmente gratuíto”, precisa.

O rexedor convida a todos e todas os soberinos e os que nos visiten nesas datas a participar da proxección do filme. “Estamos desexando ver as paisaxes que recolle a película da Ribeira Sacra e do noso Concello en pantalla xigante e en Sober”, remarca.

O FILME

No verán de 1985, cinco mozos reencóntranse nun pequeno pobo galego. Con todo, este ano os problemas do mundo real aparecen nas súas vidas. Aferrándose á amizade que lles une, os cinco amigos teñen un plan para que os seus desexos se cumpran na noite de San Xoán.

0.19267416000366