Cinco centros da provincia participan no programa educativo EduReferentes

TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa
Un total de 5 centros educativos da provincia de Lugo participarán este curso no programa educativo EduReferentes,
programa edureferentes colexio aula educacion
12 Feb 2023

Un total de 20 centros educativos de toda Galicia participarán este curso no programa educativo EduReferentes, unha iniciativa que achega ás aulas testemuños de mulleres galegas referentes que destacan pola súa traxectoria profesional de éxito. A iniciativa é desenvolvida pola Xunta de Galicia, en colaboración coa asociación Executivas de Galicia, co obxectivo de promover a igualdade de oportunidades e favorecer que as nenas elixan o seu itinerario académico baseándose na súa vocación e non nos estereotipos de xénero.

De xeito paralelo, ponse en valor o traballo do colectivo de mulleres da Comunidade galega, que potencian as habilidades persoais do alumnado e lles dan a coñecer as súas respectivas profesións.

Na provincia de Lugo os centros que participarán nesta iniciativa son o IES Terra Chá de Castro de Rei, o CPI López Suárez de Friol, o IES A Pinguela de Monforte, o IES de Monterroso e o IES Gregorio Fernández de Sarria.

O programa vai dirixido ao alumnado de ESO e FP Básica de centros públicos. Nos centros participantes desenvolveranse charlas de 50 minutos nas que dúas profesionais referentes galegas de diferentes sectores achegarán ao alumnado aos seus ámbitos profesionais. Nestas sesións traballarase co alumnado os mitos sobre os diversos perfís profesionais desde unha perspectiva de xénero.

Como novidade este ano inclúense obradoiros educativos sobre SoftSkills (cualidades relacionadas coa escoita activa, o trabajo en equipo, a creatividade...), tamén de 50 minutos de duración e para grupos de 25 alumnos. A metodoloxía terá como base a educación emocional con perspectiva de xénero do alumnado.

O programa de actividades complétase, como é habitual, coas mentorías individualizadas, para as que os centros participantes farán unha selección de cinco alumnos que serán acompañados por profesionais referentes no seu ámbito. As mentoras compartirán a súa experiencia e coñecementos, apoiando aos estudantes na busca das súas fortalezas, habilidades e intereses ao longo dun máximo de cinco sesións


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17883205413818