'Chicas Nuevas 24 horas', a exposición sobre a trata das mulleres que se pode ver en Pantón

RibeiraSacraXa
O Edificio Sociocultural de Pantón acolle a exposición 'Chicas Nuevas 24 horas' ata o vindeiro 15 de xuño
exposición-Pantón
7 Xuño 2024

O Edificio Sociocultural de Pantón acolle a exposición 'Chicas Nuevas 24 horas' ata o vindeiro 15 de xuño, unha mostra que denuncia a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.

Desde novembro a mostra percorre diferentes municipios e institutos galegos para achegar a necesaria denuncia sobre a compra e venda de mulleres e nenas para a súa explotación sexual. Unha actividade enmarcada dentro das realizadas pola Rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero, no marco do Acordo de Colaboración asinado coa Federación galega de Municipios e Provincia de Galicia.

A exposición de fotografías completarase coa proxección do documental do mesmo nome, escrito e dirixido por Mabel Lozano. Nel danse a coñecer as vivencias e situacións de diversas mulleres e nenas que, desde localizacións tales como, España, Arxentina, Perú, Colombia ou Paraguai, dan o seu testemuño sobre esta secuela social.

Ademais, o vindeiro 13 de xuño ás 20.00 horas proxectarase no Edificio Sociocultural o documental 'Chicas Nuevas 24h', de Mabel Lozano, escritora, actriz e activista dos dereitos das mulleres.

Actividade impulsada pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero- Consellería de Política Social e Igualdade e impulsada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade Igualdade en Galicia.

0.21719312667847