Chegan novidades do festival As Cores do Outono

RibeiraSacraXa
Xa están publicadas as medidas de seguridade do festival As Cores do Outono, que se levará a cabo na Pobra do Brollón
a pobra do brollon (1)
14 Out 2021

Xa están publicadas as medidas de seguridade do festival As Cores do Outono, que se levará a cabo na Pobra do Brollón esta fin de semana -16 e 17 de outubro-. Será unha edición completa con diferentes eventos relacionadas coa poesía, o baile, o teatro, a maxia e, por suposto, a música.

En primeiro lugar, todas as persoas que accedan ao recinto deberán ser identificadas. Así mesmo, todos os participantes poderán circular polo recinto nas distintas áreas respectando a normativa. Haberá tres áreas.

Por unha beira, estará a área de baile na que non se pode acceder con bebida nin con comida. Así mesmo, é obrigatorio o emprego de máscara e estará prohibido fumar. No caso da área de consumo, poderase retirar a máscara tan só no momento da consumición e poderase fumar nos lugares indicados e respectando as distancias.

Finalmente, está a área de cadeiras onde se deberá permanecer sentado, mantendo a distancia de seguridade e retirando a máscara tan só no momento de consumición. Así mesmo, tampouco se poderá fumar.

Unhas medidas de seguridade para gozar dun festival seguro á par que ameno. Ademais, a fin de evitar colas e alixeirar o acceso ao recinto, dende a organización pregan reservar previamente no teléfono 650 624 828 (por WhatsApp preferiblemente), tanto para os concertos, como para o resto de programación de As Cores de Outono.

cartel area recreativa samugueiros pobra brollon
0.080965042114258