Chegan ao Xeoparque Montañas do Courel as XLII Xornadas Científicas da Sedeck

RibeiraSacraXa
Durante todo o fin de semana haberá conferencias e actividades para celebrar o Día Mundial da Xeodiversidade
courel-centro-interpretacion-covas-meiraos-2
Centro de Interpretación das Covas de Meiraos
2 Oct 2025

Do 3 ao 5 de outubro, o Xeoparque Montañas do Courel acolle as XLII Xornadas Científicas da Sedeck (Sociedade Española de Espeleoloxía e Ciencias do Karst), baixo o título Cuevas e karst en Galicia: Geoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel.

As xornadas comezarán o venres cunha visita ao Centro de Interpretación da Minaría Aurífera de San Clodio. O sábado celebrarase ao longo de todo o día unha serie de conferencias impartidas por distintos expertos, e a xornada concluirá cunha visita ao Museo Xeolóxico de Quiroga.

O domingo, os participantes terán a oportunidade de realizar unha excursión á Cova da Ceza e ao Centro de Interpretación das Covas de Meiraos, así como unha visita ao Exokarst Val das Mouras.

Estas actividades teñen como obxectivo achegar ao público á xeodiversidade do territorio e fomentar o coñecemento científico das formacións kársticas e das covas da zona.

⚙ Configurar cookies
0.084973096847534