Chega o programa de formación para a dixitalización de mulleres, Galegas Dixitais

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Galegas Dixitais é un programa para formar en competencias dixitais a mulleres desempregadas ou que solicitaran a mellora de emprego.
galegas dixitais curso 1
galegas dixitais curso 1
17 Ago 2022

Galegas Dixitais é un programa para formar en competencias dixitais a mulleres en situación de desemprego ou que solicitaran a mellora de emprego.

Esta é unha oportunidade única para aprender a usar as novas tecnoloxías para o día a día como para o traballo ou os diferentes negocios. Ademais mellorarase a capacidade de empregabilidade e poderase levar un ordenador portátil totalmente gratuito.

Esta formación está financiada pola Unión Europea NextGenerationEU polo que é totalmente gratuíto. Para participar neste programa será necesario inscribirse na seguinte ligazón.

Para calquer dúbida pódese chamar ao teléfono 604 080 504 ou escribir un correo a lugo@galegasdixitais.es.

galegas dixitais curso
0.15728497505188