Chega a Sober o programa Coidados Porta a Porta

RibeiraSacraXa
Chega ao concello de Sober o programa Coidados porta a porta, do ao 14 ao 16 de setembro en horario de 09.00 a 20.00 horas
explotacion belesar estado pista vilalba aberta
14 Sep 2022

Dende hoxe e ata o 16 de setembro, o concello de Sober acolle o programa Coidados Porta a Porta que busca levar servizos asistenciais ás persoas maiores do rural para a prevención da dependencia.

Consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria son algunhas das actividades incluídas nesta iniciativa dirixida a tódalas persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta.

Un autobús con profesionais de cada unha das especialidades permanecerá no concello de Sober os días 14, 15 e 16 de setembro, de 09.00 a 20.00 horas e atenderá a tódolos interesados que solicitaran cita previa.

Pódese solicitar esta cita previa nos números 622 748 283 e 623546992 ou por medio do correo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Trabada Coidados porta a porta

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17572593688965