Unha nova edición da ruta Qui-medo chega a Quiroga en outubro
A asociación Qui-Roma, da zona da Ribeira Sacra, en colaboración co concello de Quiroga traballa na organización dunha nova edición da ruta de terror Qui-medo que terá lugar o vindeiro sábado 29 de outubro na que será a súa terceira edición.
A ruta que se realizará este ano polo casco urbano do municipio de Quiroga contará con máis casas do terror e con máis novidades ca outros anos, para público de tódalas idades. Os participantes, sufrirán moitas sorpresas y terán que visitar varias casas encantadas ao longo de todo o percorrido.
Para poder participar nesta nova edición de Qui-Medo pode realizarse a inscrición de xeito presencial na Casa da Cultura de Quiroga ou chamando ao teléfono 982 435 125.
O prezo da inscrición será de 8 euros para a xente que a realice do 11 ao 30 de setembro, 10 euros do 1 ao 21 de outubro e 12 euros para os inscritos na última semana do 22 ao 28 de outubro.