Chechu Salgado será o pregoeiro da XLII Feira do Viño de Amandi de Sober

RibeiraSacraXa
Chechu Salgado será el pregonero en la XLII Feira do Viño de Amandi de Sober. El actor gallego recibió con ilusión esta propuesta.
chechu goya
22 Feb 2022

O actor nado en Sober Chechu Salgado (1991) será o pregoeiro da XLII Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar na localidade os días 9 e 10 de abril. Cando recibiu a proposta por parte do Concello de Sober non o dubidou e manifestou sentirse moi agradecido e “desexando que chegue ese día que vai ser inesquecible”.

Chechu Salgado vén de recibir o Premio Goya como mellor actor revelación polo seu papel no filme ‘As Leis da fronteira’.

Ademais desta gran interpretación Chechu Salgado ten participado en series galegas de gran renome, como Serramoura, na serie de Antena3 Fariña, en Servir y Proteger, de TVE ou en Patria, de HBO. Na actualidade está rodando unha serie en Galicia.

O Concello de Sober quere con esta elección recoñecer o traballo que o mozo está facendo no mundo audiovisual “no que aínda lle quedan moitos éxitos que colleitar” e, ao mesmo tempo, contar cun pregoeiro de excepción, de actualidade e un orgullo para todos os veciños e veciñas.

O mundo artístico e da música, recorda o rexedor, Luis Fernández Guitián, “é moi importante para o Concello de Sober”, e elixir a este actor como pregoeiro “é unha demostración máis da nosa aposta pola cultura”. Recorda, ademais, que o ano pasado unha música foi a pregoeira da Feira, a solista Eva Amaral.

0.19483017921448