Charla-coloquio sobre as controversias e tabús na saúde da muller en Chantada

RibeiraSacraXa
Este sábado tendrá lugar en Chantada una charla coloquio sobre las controversias y tabús en la salud de la mujer.
charla coloquio chantada
10 Dec 2021

Este sábado terá lugar en Chantada unha nova charla-coloquio sobre as controversias e tabús na saúde da muller.

A Dra. Mariña Sánchez Andrade, especialista en xinecoloxía e obstetricia abordará os temas aos que non sempre é doado ter acceso. Nesta conversa reflexionarase sobre a importancia que teñen para a saúde das mulleres.

A actividade dará comezo ás 18.00 horas no Auditorio Municipal de Chantada.

Desmontando mitos. Controversias e tabús na saúde da muller proporcionará ás asistentes nocións e conceptos básicos para coñecerse máis a unha mesma. Cunha ollada feminista esta charla poñerá o foco de atención no virus do papiloma, a menopausia, o desexo sexual hipoactivo e a incontinencia urinaria.

Dar voz a diferentes temas axudan a que se normalicen e deixen de ser un tema tabú, este é un dos obxectivos deste tipo de actividades.

A charla-coloquio está organizada pola Asociación Polamiúda un colectivo que ten como finalidade traballar pola inclusión da perspectiva de xénero, a igualdade e o respecto á diversidade en todo o que aconteza na contorna.

charla coloquio chantada
0.16143894195557