Chantada volverá a marchar contra o cancro o 26 de abril

A “V Andaina Solidaria Chantada contra o cancro” celebrarase o domingo 26 de abril nunha nova edición que percorrerá o municipio para sensibilizar sobre esta enfermidade e a importancia da investigación, e que terá carácter solidario. Ata o momento, a organización conta con máis de 350 persoas inscritas das 600 prazas dispoñibles.
A proba ofrece tres opcións de percorrido, adaptadas a diferentes niveis e preferencias. Así, haberá unha ruta curta de 6.000 metros, unha ruta media de 10.000 metros e unha ruta longa de 20.000 metros. Todas as modalidades sairán ás 10:00 horas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 23 de abril de 2026 ás 23:59 horas, cun prezo de 5 euros para calquera das rutas.