Chantada únese á loita contra a violencia de xénero cunha concentración e placa conmemorativa

RibeiraSacraXa
O Concello de Chantada uniuse este sábado á loita contra a violencia de xénero e conmemorou así o 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres Ao longo da mañá, a corporación municipal do Concello de Chantada, as traballadoras do CIM e os veciños e veciñas de Chantada estiveron presentes na lectura do manifesto.
concentración_25N_chantada
26 Nov 2023

O Concello de Chantada uniuse este sábado á loita contra a violencia de xénero e conmemorou así o 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Ao longo da mañá, a corporación municipal do Concello de Chantada, as traballadoras do CIM e os veciños e veciñas de Chantada estiveron presentes na lectura do manifesto.

A concelleira de Igualdade, Pamela Fernández Águila, foi a encargada desta tarefa no paseo fluvial, no que tamén se levou a cabo a presentación dunha placa conmemorativa. Pola tarde, a partir das 18.00 horas, tamén se levou a cabo unha concentración contra a violencia contra as mulleres na Praza do Cantón, organizada por Polamiúda.

0.19609498977661