Chantada únese á iniciativa para concienciar sobre o cancro de mama
RibeiraSacraXa
No día de onte, Día Mundial contra o Cancro de Mama, instalouse un novo colector de vidro a carón do centro de saúde de Chantada.
20 Oct 2021
No día de onte, 19 de outubro e Día Mundial contra o Cancro de Mama, instalouse un novo colector de vidro a carón do centro de saúde de Chantada. Este novo contedor ven cunha dobre mensaxe incluída: o coidado da saúde a través da prevención (facendo autoexploracións neste caso) e o coidado do medio ambiente.
Esta nova adquisición chega a partir da campaña solidaria #ReciclaVidrioPorEllas impulsada pola Fundación Sandra Ibarra de Solidaridad Frente al Cáncer e Ecovidrio Yo reciclo vidrio, ¿y tú?.
Esta campaña chegou a máis de 140 cidades para fomentar a reciclaxe e a prevención do cancro de mama, a través de revisións periódicas que as mulleres teñen que facer dunha idade para adiante,