Chantada suma un novo centenario
RibeiraSacraXa
Trátase de José Antonio Sánchez Diéguez, que celebrou o seu 100 aniversario acompañado polo alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, e pola concelleira de Servizos Sociais, Mª Cándida Carnero

3 Sep 2025
O Concello de Chantada sumou esta semana un novo centenario tras o aniversario de José Antonio Sánchez Diéguez, que celebrou o seu 100 aniversario acompañado polo alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, e pola concelleira de Servizos Sociais, Mª Cándida Carnero.
José Antonio é usuario do SAF e tamén recibiu a felicitación da empresa que o atende e dos seus sobriños e da familia. Viviu sempre en Chantada, dedicándose á agricultura.