Chantada recupera a tradición das cantigas co X Certame de Cantos da Taberna

RibeiraSacraXa
Chantada acollerá un ano máis o Certame de Cantos de Taberna tras o éxito e boa acollida da actividade nas pasadas edicións.
Castañazo Rock
10 Oct 2023

Chantada acollerá un ano máis o Certame de Cantos de Taberna tras o éxito e boa acollida da actividade nas pasadas edicións. A X edición terá lugar o día 28 de outubro, coincidindo coa celebración da segunda xornada do Castañazo, entre as 14.30 e as 18.30 horas.

Para poder participar, os grupos deben estar integrados por un máximo de 10 persoas. Cada un deles interpretará unha ou dúas pezas en cada taberna. As cantigas serán en galego, de libre escolla e poden formar parte tanto do repertorio popular como ser composición propias e orixinais. Como xa aconteceu anteriormente, non vai haber puntuacións nin premios, polo que todos os grupos participantes serán gañadores e o premio será desfrutar da festa.

As inscricións son de balde e poderanse realizar ata o 21 de outubro e ata completar un límite de 12 grupos participantes a través do correo cantosdetaberna@castanhazo.com ou ben contactando no teléfono 659 494 720. Débese indicar o nome do grupo que concursa, un enderezo electrónico, un teléfono de contacto e o número de integrantes.

Esta actividade forma parte do programa do Castañazo Rock, que cumpre este ano a súa 30 edición. Trátase dunha iniciativa organizada pola Asociación Cultural O Castañazo e, como nas anteriores edición, organizarase en Chantada o 27 e o 28 de outubro.

O festival, que volve despois de tres anos sen celebrarse, pretende consolidarse como un festival de música de referencia a nivel local, pero tamén a nivel autonómico e nacional da música rock e doutras tipoloxías para adaptarse aos tempos.

certame de cantos da taberna
0.15548706054688