Chantada Quere Sanidade congregou centos de persoas diante do centro de saúde de Chantada

RibeiraSacraXa
Centos de veciños de Chantada concentráronse diante do Centro de Saúde da vila convocados pola plataforma Chantada Quere Sanidade para protestar pola situación que vive a comarca na atención sanitaria.
concentración Chantada quere sanidade
3 Dec 2023

Centos de veciños de Chantada concentráronse diante do Centro de Saúde da vila convocados pola plataforma Chantada Quere Sanidade para protestar pola situación que vive a comarca na atención sanitaria.

Esta é a segunda concentración que se fai en Chantada no prazo de un mes, o número de personas que esta vez se concentraron foi maior ca anterior dando mostra do malestar social e en aumento que a carestia de atención sanitaria está xerando na veciñanza de Chantada e Carballedo.

"Se a situación se estaba deteriorando dende fai anos, na última semana volve ser crítica. Os problemas son moitos, pero podemos destacar que as xubilacións, vacacións e baixas non se cobren, sanitarios desbordados, pacientes que esperan citas de atención primaria durante semanas, citas que se cancelan, ou pacientes que acoden ao centro de saúde cunha cita e infórmanos que o seu médico ou enfermeiro de referencia non está e non serán atendidos. Esta situacion de deterioro non ten freo, nos últimos días sen ir máis lonxe so dous médicos atenden unha poboación de preto de 8.000 persoas", explican desde a plataforma.

Unha situación que debe cambiar

A plataforma Chantada Quere Sanidade e os veciños e as veciñas da vila entenden que esta situación non pode continuar: "unha atención sanitaria deficiente tarde ou cedo afectará á saúde xeral da poboación".

Ademais de ler un manifesto e informar aos asistentes das últimas problemáticas acontecidas, tamén se recolleron firmas e se trasladou a intención de convocar unha manifestación masiva en xaneiro, liña na que a coordinadora da plataforma xa está a traballar arroupada polos veciños de Chantada e Carballedo e outras plataformas galegas que traballan na defensa da sanidade.

A plataforma durante o acto queixouse da falta de implicación por parte do Concello de Chantada, xa que ninguén estivo presente na concentración, nin o alcalde nin nadie do equipo de goberno "se dignaron a apoiar esta iniciativa en defensa dos intereses dos cidadáns", critican os de CQS.

0.17302393913269