Chantada proxecta “La mitad de Ana” dentro da programación do 8M

RibeiraSacraXa
O Auditorio Municipal de Chantada proxecta este sábado a película ‘La mitad de Ana’
chantada-mulleres-de-cine
27 Mar 2026

O Concello de Chantada continúa coa programación das Actividades 8M – Día Internacional da Muller 2026 coa proxección da película “La mitad de Ana”, dirixida por Marta Nieto. A cita terá lugar este sábado, 28 de marzo, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal.

O filme aborda a historia de Son, quen lle confesa á súa nai, Ana, que non se sente unha nena, senón un neno. Ante esta situación, Ana, inicialmente confusa, decide deterse para escoitar e comprender ao seu fillo, iniciando ao mesmo tempo un proceso de reflexión persoal sobre a súa propia identidade. A película propón así unha mirada íntima sobre a relación entre nai e fillo e a procura da identidade.

0.11729502677917