Chantada prepárase para dar comezo ás súas Festas Patronais cun programa cargado de actividades

RibeiraSacraXa
Concertos, gastronomía, festas infantís e o tradicional Folión de Carros regresan un ano máis do 21 ao 26 de agosto
fogos-artificiais-festas
18 Aug 2025

Este xoves 21 de agosto, arrincan en Chantada as Festas Patronais en honor á Virxe do Carme, que se celebrarán ata o martes 26. O programa musical inclúe unha ampla variedade de concertos e actividades para todos os públicos.

A primeira xornada terá lugar na Praza de Catro Camiños, onde ás 23:30 horas actuarán Malene e Son de Rosas, un tributo a La Oreja de Van Gogh. O venres 22, a festa trasladarase á Praza do Pavillón co “Ata o Chan Festival”, o Festival de DJ’s que este ano conta cun perímetro pechado para garantir a seguridade e prohibir a entrada con botellas ou vasos de cristal.

O sábado 23 celebrará o Folión de Carros, recoñecido como Festa de Interese Turístico Galego e Ben de Interese Cultural, cun pasarrúas da Agrupación da Casa da Música con cabezudos, seguido pola actuación da Banda de Gaitas do Concello de Chantada e, pola noite, a orquestra Tango na Praza de Santa Ana.

O domingo 24 inclúe a actuación da Banda de Música da comarca de Sarria, o XXXIV Certame de Bandas na Praza do Cantón e concertos das orquestras Olympus e Cinema. Pola súa banda, o luns 25 haberá festa infantil con inchables e xogos tradicionais no Campo da Feira Vello, desfile de Os Barrios e os cabezudos, actuacións das orquestras Top Líder e Gran Parada, e sesión de fogos artificiais na Praza do Pavillón.

O martes 26, último día de celebracións, pecharase coas actuacións musicais na Festa da Empanada no campo de San Lucas, incluíndo charangas e os concertos das orquestras París de Noia e Capitol.

⚙ Configurar cookies
0.17337322235107