Chantada pechou a tempada de verán cun aumento de visitantes

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada pechou a tempada de verán 2025 cun aumento do 10,5 % no número de visitantes respecto ao ano anterior. Durante os meses de xuño a setembro, a vila recibiu turistas principalmente de Galicia, Madrid, Cataluña, Andalucía, País Vasco, Comunidade Valenciana e Castela e León, sendo o turismo nacional o predominante cun 91,8 %, mentres que Galicia representa o 23,1 %.
O turismo internacional supuxo o 8,2 % dos visitantes, cun crecemento do 24 % respecto a 2024. Entre os países de orixe máis habituais destacan Francia, Reino Unido, Arxentina, Portugal e Canadá, e rexistráronse novas procedencias como Nova Zelandia, Grecia e Letonia, xunto cun aumento de turistas de Polonia, Cuba, Brasil e Canadá.
“Venimos percibiendo en los últimos años una subida paulatina de viajeros que se acercan a conocer nuestro municipio atraídos por el emblemático casco histórico y el paseo fluvial de la villa, el Cañón del Miño, el Monte Faro, o los templos románicos”, sinala o alcalde Manuel Lorenzo Varela.
Este ano, Chantada estreou a súa condición de Municipio Starlight, incorporando o astroturismo como un atractivo máis. A primeira actividade astronómica, celebrada en agosto, tivo unha gran aceptación e xerou interese entre os participantes.
Ademais, a Oficina de Turismo, situada na Casa da Cultura, segue sendo punto de sellado de credenciais do Camiño de Inverno a Santiago. Entre xuño e setembro rexistráronse 482 sellados, cun cambio na tendencia: xuño e setembro concentraron o 79 % dos peregrinos, dos cales o 81 % foron nacionais e o 19 % internacionais, procedentes principalmente de Portugal, Polonia, Italia, Alemaña, Nova Zelandia e Reino Unido.
Como parte da mellora da información turística, a concellaría instalou un panel informativo no Parque Eloísa Rivadulla, con mapa de recursos, calleiro e datos de interese sobre a vila. “Se escogió esta zona para la instalación del panel informativo, porque es un espacio muy concurrido en Chantada, donde ahora vecinos y visitantes podrán consultar el callejero y el mapa municipal de Chantada junto con información actualizada de interés”, afirma o rexidor.