Chantada informa sobre os horarios das clases de ximnasia dirixida

RibeiraSacraXa
Chegan as clases de ximnasia dirixida ao Concello de Chantada durante este mes de setembro. Así pois, en outubro os horarios serán outros.
piscina municipal de Ribadeo
2 sep 2021

Chegan as clases de ximnasia dirixida ao Concello de Chantada durante este mes de setembro. Así pois, no mes de outubro os horarios serán outros.

En setembro, desta maneira, haberá distribuídas diferentes clases ao longo da semana. Os luns, mércores e venres haberá clases de pilates de 10 a 11.15 horas. Nese mesmo horario, os martes e os xoves haberá clase de aquagym e os venres tamén se levará a cabo unha sesión de fitness.

En canto aos martes e os xoves, tamén será o turno de Step/aerobic e zumba que se poderán realizar pola mañá -ás 11.15- ou pola tarde -ás 18.15 horas-. Finalmente, ás 20 horas, farase aquagym e fitness os luns e os mércores e, os martes, xoves e venres será o turno de fitness ás 20.30 horas.

Así mesmo, dende o Concello irán informando dos novos horarios das clases dirixidas, as clases de natación e as actividades das escolas deportivas.

clases ximnasia dirixida cartel
0.15617203712463